21
21
Jul 21, 2022
07/22
Jul 21, 2022
by
Radio Manoplas
audio
eye 21
favorite 0
comment 0
A entrevistada no décimo falangullo da segunda tempada é Mari Fidalgo. Naceu e medrou en Salvador de Bahia no Brasil. Até alí chegou a súa familia na procura das oportunidades que non había en Pereiras, unha aldea de A Cañiza. Mari sacou a carreira de Psicoloxía. Desde cativa mamou o comunitario nunha familia vizosa nesa dimensión. O saber e bo facer de Mari no terreo da educación popular e das pedagoxías socioafectivas non deixan indiferente ás persoas que participamos en...
Topics: feminismo, racismo, educación, patriarcado, brasil
20
20
Jul 12, 2022
07/22
Jul 12, 2022
by
Radio Manoplas
audio
eye 20
favorite 0
comment 0
A entrevistada no noveno falangullo desta tempada é Sandra Senra Gómez. Nada en Sanxenxo onde pasou a súa infancia. Viviu en varias cidades galegas e tras estudar Psicoloxía chega a Vigo, onde desde hai 19 anos traballa na libraría "Libros para soñar". Gravamos a entrevista na libraría onde a literatura -sobre todo aquela dirixida ás cativas- é o eixo central desta conversa. A editorial galega Kalandraka é a impulsora desta libraría, na que ademais de atopar un amplo...
Topics: libraría, contos, infantil, ilustración, libros
28
28
Jun 30, 2022
06/22
Jun 30, 2022
by
Radio Manoplas
audio
eye 28
favorite 0
comment 0
A entrevistada no oitavo falangullo desta tempada é Begoña Álvarez Álvarez. Escoitamos a Begoña, que se define como unha "muller de barrio", falar de como era a vida en Coia nos seus primeiros anos como barrio. Con ela debullamos varios temas: vida comunitaria, coidados, formación e moito máis. Iniciamos a conversa coas verbas de Begoña lembrando a figura da súa nai: Carmen. Muller moi coñecida no barrio, pioneira en moitos ámbitos, que morreu nova deixando sete crianzas...
Topics: discapacidade, barrio, coidados, muller
25
25
May 15, 2022
05/22
May 15, 2022
by
Radio Manoplas
audio
eye 25
favorite 0
comment 0
A entrevistada no séptimo falangullo desta tempada é Marina Fuentes Barco. Conversamos con esta veciña de Vigo sobre tres grandes temas: saúde mental, drogas e cadea. Estudou Medicina en Compostela e tras visitar o psiquiátrico de Conxo ficou namorada da psiquiatría. Logo de rematar na universidade e tras facer a residencia no Nicolás Peña salta ao mundo das adiccións e das drogas. Logo de traballar en CEDRO e Alborada inicia a súa andaina na Unidade Asistencial de Drogodependencias -...
Topics: psiquiatría, drogas, cadea, prisión
37
37
May 2, 2022
05/22
May 2, 2022
by
Radio Manoplas
audio
eye 37
favorite 0
comment 0
A entrevistada no sexto falangullo desta tempada é Rebeca Martínez Gándara. Medrou en Escolas Públicas, unha céntrica e pouco coñecida rúa de Vigo. As vivendas da Renfe deron acubillo a Rebe e a súa familia. Creceu nos anos da loita obreira en ASCÓN, onde traballou o seu pai, que lle serviron para concienciarse. Estudou no colexio García Barbón do que pasou ao instituto de Teis a estudar FP, daquela uns estudos pouco valorados. Entrou no mundo da estética, ao tempo que cursaba eses...
Topics: feminismo, estética, veciñanza, independentismo
26
26
Apr 13, 2022
04/22
Apr 13, 2022
by
Radio Manoplas
audio
eye 26
favorite 0
comment 0
A entrevistada no quinto programa da segunda tempada é Bertila Fernández Pérez. Natural da Coia anterior ao polígono, barrio onde segue a vivir. Sendo moza participou activamente nos movementos veciñais do barrio, no seu caso ao abeiro da comunidade do Cristo da Vitoria . Desde noviña pulou, sempre xunto a outras, por mellorar as condicións de vida do territorio e das habitantes do mesmo. Daqueles tempos garda boas lembranzas e experiencias que serían moi importantes para o seu futuro....
Topics: educación, foanpas, barrio, coia, alpinismo
48
48
Feb 13, 2022
02/22
Feb 13, 2022
by
Radio Manoplas
audio
eye 48
favorite 0
comment 0
A entrevistada do cuarto programa desta tempada é Paula Verde Francisco. Veciña de Bembrive, defínese como activista. En especial na loita polos dereitos das persoas con diversidade funcional, sempre facéndeo desde a suma e desde o positivo. Nai de tres fillos, un deles con diagnóstico de trastorno do espectro autista (TEA). Abrazou a diversidade de Héctor buscando relacións e unha comunidade na que apoiarse na loita polos dereitos destas persoas. No sistema educativo as crianzas con...
Topics: diversidade, tea, inclusión
25
25
Jan 30, 2022
01/22
Jan 30, 2022
by
Radio Manoplas
audio
eye 25
favorite 0
comment 0
Nesta ocasión a entrevistada en Radio Manoplas é Carmen Boado Aguinaga. Medrou polo carreiros de Alcabre chegada de Euskadi, para logo facer barrio nas rúas de Coia. Carmen estudou a primaria no Javier Sensat, a secundaria no Coia 4 e sacou a enxeñaría de Telecomunicacións na Uvigo. Formación académica que completou con aquela na que non hai títulos na comunidade do Cristo da Vitoria. Participou na fundación do grupo ecoloxista "O Modaco" e máis tarde pasou horas con...
Topics: educación, infancia, liderado
28
28
Jan 16, 2022
01/22
Jan 16, 2022
by
Radio Manoplas
audio
eye 28
favorite 0
comment 0
Debullamos diferentes temas con Ana que ábrenos as portas de Achega , centro de psicoloxía e logopedia, para realizarmos a entrevista. "Cachorros de nadie" o libro de Reguera foi de inspiración para a súa vida que a colocou sempre preto das crianzas máis vulneradas. Logo de estudar Bioloxía ofrecéronlle traballar en Coruña, xunto a súa parella, nunha vivenda para nenos e nenas en situación de desprotección. Logo viñeron a Vigo onde continuaron con esa tarefa. Pechou etapa,...
Topics: saúde mental, infancia, protección, casa familia
24
24
Jan 2, 2022
01/22
Jan 2, 2022
by
Radio Manoplas
audio
eye 24
favorite 0
comment 0
Iniciamos SEGUNDA TEMPADA con Laura González Vila Unha galega, de Coia, que vive en Toledo. Conversamos con ela sobre educación, ciencia, grupo de consumo, o galego e moitos máis asuntos. Laura traballa como profesora de secundaria en Fuenlabrada, antes percorreu moitos centros públicos de castela e da comunidade madrileña. Consciente dos límites que lle impón o sistema educativo procura estratexias para superar dita rixidez. No seu caso o teatro, e sobre todo a súa experiencia como...
Topics: educacion, grupo consumo, galego, toledo
15
15
Dec 23, 2021
12/21
Dec 23, 2021
by
Radio Manoplas
audio
eye 15
favorite 0
comment 0
Pechamos a primeira tempada de Radio Manoplas cunha entrevista a Teresa García Álvarez. Naceu no "Pirulí" mais medrou a cabalo entre Paraños, Barcelona e Vigo, cidade na que vive e traballa desde hai anos. Tere acóllenos no local de Médicos do Mundo, a entidade na que traballa desde 2009. Grazas á súa xenerosidade coñecemos os seus inicios nos consumos sendo ela moi nova. A heroína inxectada, a prostitución, o VIH... entraron sendo moza, mais tivo forza para procurar axuda...
Topics: drogas, prostitución, saúde
28
28
Nov 28, 2021
11/21
Nov 28, 2021
by
Radio Manoplas
audio
eye 28
favorite 0
comment 0
A entrevistada é Eva Pallás Figueira, ela medrou nunha casa de aldea en Toedo (A Estrada) e desde hai anos vive e traballa en Vigo. Coñecemos a infancia de Eva nunha vila do rural galego. Tiñan vacas, traballaban a terra e facían a morea de tarefas cotiás na aldea. A irmá maior e o irmán pequeno de Eva traballan entre fogóns, ela seguiu ese vieiro e desde hai anos é cociñeira na escola infantil "Rosalía de Castro". Da súa man poñemos en valor a importancia duns bos...
Topics: sindicato, infancia, alimentación
23
23
Nov 14, 2021
11/21
Nov 14, 2021
by
Radio Manoplas
audio
eye 23
favorite 0
comment 0
Nesta ocasión a entrevistada en Radio Manoplas é Diana Giráldez Monteagudo. Orixinaria de Panxón Diana vive e traballa no barrio de Teis en Vigo. Falamos con ela sobre educación. Diana estudou o ciclo superior de Educación Infantil para despois continuar na universidade facendo Maxisterio. Traballou en diferentes escolas, públicas e privadas, e nestes momentos desenvolve o seu papel como educadora na Semente Vigo. Participou no nacemento deste proxecto no que o galego é unha das...
Topics: semente, educación, podcast
40
40
Nov 1, 2021
11/21
Nov 1, 2021
by
Radio Manoplas
audio
eye 40
favorite 0
comment 0
Nesta ocasión pasa polos micros de Radio Manoplas Beatriz Lorenzo Caamiña. Chegamos ás dez entrevistas coa compaña de Bea que medrou nunha parroquia de Porriño para logo vir a Vigo. Na conversa falamos con ela sobre o empobrecemento que a acompaña desde hai anos o que a levou a ser boa coñecedora dos servizos sociais. Na procura de alternativas coincidimos na Oficina de Dereitos Sociais - Coia. No libro "Renda Básica das iguais e feminismos" explica -con claridade- o seu...
Topics: coia, saúde mental, pobreza, saúde mental, servizos sociais, renda básica
28
28
Oct 18, 2021
10/21
Oct 18, 2021
by
Radio Manoplas
audio
eye 28
favorite 0
comment 0
Nesta ocasión pasa polos micros de Radio Manoplas: Ana Álvarez Paz. Neste noveno falangullo Ana fala da súa infancia en Porto de Eguas, preto do Carballiño. Desde moza dedicouse ao ensino, igual ca nai. Desde hai anos, tras estudar Maxisterio e Historia, imparte clases no IES Alexandre Bóveda. Para Ana a educación trascende o currículo, froito disto busca enredos que a levan a participar no "Comando Igualdade", no proxecto do "Roteiro por Coia", no clube de Manga do...
Topics: educación, historia, falangullo, podcast, feminismos, coia, manga, historia
28
28
Aug 22, 2021
08/21
Aug 22, 2021
by
radio manoplas
audio
eye 28
favorite 0
comment 0
Octavo falangullo de Radio Manoplas nesta ocasión a entrevistada é Maite Garmendia Eguinoa. Vive en Elosu, preto da cidade onde naceu: Vitoria-Gasteiz. Estudou xornalismo mais a súa vida derivou cara o mundo da cooperación internacional, ela é traballadora na Axencia Vasca de Cooperación para o Desenvolvemento - eLankidetza. Falamos sobre cooperación, traballo grazas ao cal viviu na súa querida Guatemala e coñeceu a realidade de moitos países latinoamericanos. Maite gusta moito de...
Topics: podcast, falangullo, euskera, cooperación
34
34
Aug 2, 2021
08/21
Aug 2, 2021
by
radio Manoplas
audio
eye 34
favorite 0
comment 0
No séptimo falangullo de Radio Manoplas a entrevistada é Ana Pardo Fernández. Veciña de Vigo mais dise de Pesqueiras, municipio lugués de o Saviñao. Logo de rematar os estudos de Traballo Social na Uvigo leva anos exercendo a profesión en diferentes entidades. Na actualidade o fai en Provivienda, asociación onde leva a coordinación. Conversamos con Ana sobre traballo social, sobre a súa tarefa na coordinación, sobre vivenda, migracións... Falamos desde Teis, barrio onde está a sede...
Topics: traballo social, vivenda, migracións
22
22
Apr 12, 2021
04/21
Apr 12, 2021
by
radio manoplas
audio
eye 22
favorite 0
comment 0
Nesta ocasión a muller que fala no micro de Radio Manoplas é Inma Araújo López. Conversamos con ela sobre psicoloxía, adolescencia, abusos, pandemia e moito máis. Inma traballa como psicóloga en Alborada, no programa de intervención con adolescentes en conflito. Esta tarefa a combina coa participación en Amino (Asociación de Abuso y Maltrato Infantil No). Pechamos o programa coa recomendación musical de Inma, nesta ocasión un tema do rapeiro Arce que leva por título:...
Topics: psicoloxía, abusos, adolescencia
40
40
Mar 11, 2021
03/21
Mar 11, 2021
by
Radio Manoplas
audio
eye 40
favorite 0
comment 0
No quinto programa de Radio Manoplas a entrevistada é Aurita González González. Nada en Sarria pasou a súa infancia en Sober. Logo de casar aos 19 anos chegaron a Vigo, desde hai varias décadas mora no barrio de Coia. Conversamos con ela sobre as loitas veciñais nas que participou para mellorar as condicións de vida do barrio. Parte desas resistencias estiveron encamiñadas xunto a outras mulleres na Asociación de Mulleres Dorna. Aurita fálanos dos inicios do feminismo así como de...
Topics: feminismo, coia, veciñanza
24
24
Feb 21, 2021
02/21
Feb 21, 2021
by
Radio Manoplas
audio
eye 24
favorite 0
comment 0
No 4º podcast de Radio Manoplas a entrevistada é Olga Silva Rubín. Conversamos con esta viguesa sobre o que supuxo ser nai dunha filla con parálise cerebral hai máis de catro décadas. Comparte como viviu a crianza dunha filla e un fillo cunha parella que traballaba no mar durante a maioría do ano. Olga fala tamén de como viviron as semanas máis duras do confinamento no seu edificio. Pechamos o podcast coa recomendación musical de Olga: "Lucía" de Serrat. +info:...
Topics: entrevista, parálise cerebral, mar, Vigo
54
54
Feb 7, 2021
02/21
Feb 7, 2021
by
Radio Manoplas
audio
eye 54
favorite 0
comment 0
Nesta ocasión a entrevistada é Eva Gil Rodríguez. Muller polifacética que pasou a súa infancia en A Cañiza, onde o seu pai era mestre da escola que facía tamén de vivenda familiar. Estudou Educación Social, agora segue a súa formación no Instituto Wilhelm Reich. Persoas que viñan participando nese espazo crearon ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia), organización na que Eva é persoa activa. Falamos tamén con ela de persoas migrantes e de...
Topics: educación social, entrevistas, migrantes, feminismos, saúde mental, infancia
42
42
Jan 9, 2021
01/21
Jan 9, 2021
by
Radio Manoplas
audio
eye 42
favorite 0
comment 0
Entrevista a Susana Pérez Galán. Veciña de Vigo, mestra no colexio Salesiandos e persoa coidadora. Fala sobre a súa infancia a cabalo entre Canido, Teis e Coia. Crianzas, pandemia, coidados, drogas e moito máis nos máis de 25 minutos de conversa. Pechamos o programa coa canción que recomenda Susana: "Al alba" de Luis Eduardo Aute.
Topics: coidados, infancia, droga, coia, teis
89
89
Jan 8, 2021
01/21
Jan 8, 2021
by
Radio Manoplas
audio
eye 89
favorite 0
comment 0
Primeiro programa de Radio Manoplas. Iniciamos cunha entrevista a Marta Bautista Díaz. Falamos sobre a súa infancia en Elgóibar, coidados, educación social, baile e algunha cousa máis. Pechamos o podcast coa canción "Je veux" de ZAZ.
Topics: entrevista, marta bautista, educación social, coidados